Publicacións

O SOTO DO ÓPTICO NO CURSO 2021/22

Imaxe
  Este curso estivemos traballando (e seguimos a traballar) nunha biblioteca máis verde. Baixo o lema "A miña biblioteca é un xardín" pretendimos integrar a biblioteca no xardín ou o xardín na biblioteca?! En Nadal mesmo plantamos un acivro no noso xardín! Retomamos os clubs de lectura nas diferentes linguas da escola e todos os meses tivemos diferentes exposicións para mostrar os nosos fondos nos paneis de entrada da biblioteca: cómic, ciencia, libros lilas, libros verdes... E o noso instagram e a nosa escola ebulían de actividades: mercadillo solidario de libros en linguas estranxeiras, obradoiros de decoración con materiais reciclados... O noso alumnado é absolutamente o mellor do mundo e implícase moito nas actividades! Tamén fixemos proxectos en colaboración con outras EOI de Galicia, como o da celebración do día de Rosalía de Castro. E un megaproxecto de colaboración cos outros centros de ensino de Ribadeo, porque tecer redes é moi importante, e así embarcámonos co CEIP

O SOTO DO ÓPTICO NO CURSO 20-21

Este curso está tocando ao seu fin..., foi un curso cheo de incertidumes, de medos, de distancias sociais e afectivas..., pero tamén de superación. O Soto do Óptico reabríu as súas portas no mes de Setembro coas novas medidas de seguridade, hixiene, cheo de xel hidroalcohólico e cos seus usuarios medio agochados detrás das máscaras... pero tamén cheo de lecturas marabillosas, películas estupendas e series entretenidas que nos axudaron a enchernos de esperanza e nos amosaron unha vez máis que a literatura é un dos tesouros máis fermosos que nos da a vida. Feliz remate de curso 20-21!! Vémonos o curso que ven no Soto do Óptico! Non faltes! Pasamos lista!!!

CELEBREMOS XUNTOS O DÍA DO LIBRO

  Desde a EOI de Ribadeo, convídamoste a celebrar o Día do Libro na nosa biblioteca. O Soto do Óptico está cheo de tesouros marabillosos que están agardando por ti. Non perdas nin un minuto e bota unha ollada ás nosas guías de recursos. Tan so tes que escanear os códigos QR que aparecen nos posters. Disfrútaos!!

LET'S CELEBRATE APRIL!!!

Imaxe
  Can you imagine a better way to celebrate the Book Day than by reading?? We have received new books and we would like to share them with you. Tittles like The God Delusion by Richard Dawkins, Nothing to Envy by Barbara Demick, The Silence of the Girls by Pat Barker, The Immortal Life of Henrietta Lacks by Rebecca Skldot or the classic  The Constant Gardener by John Le Carré  (among many others) are waiting for you at O Soto do Óptico.  Don't miss the chance to go downstairs and have a look!

Guida alle letture di basico.

Guía básico de Gquinteiro

Letteratura al femminile.

Xeografías lectoras 2021. O mes do libro na biblioteca.

Imaxe
O lema de bibliotecas Escolares este curso é Xeografías Lectoras , un mapa das nosas vivenzas como lectores. Nestes tempos de peche de fronteiras, confinamentos e restricións da mobilidade os libros nos permiten seguir viaxando, coñecendo outros mundos e realidades. Desde a biblioteca da escola queremos recuperar esas viaxes e lembrar esas lecturas que nos levaron polo mundo. Axúdasnos? Xapón, Cuba, Alaska, Nixeria, Sudáfrica, Italia, Francia...