Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

O SOTO DO ÓPTICO NO CURSO 2021/22

Imaxe
  Este curso estivemos traballando (e seguimos a traballar) nunha biblioteca máis verde. Baixo o lema "A miña biblioteca é un xardín" pretendimos integrar a biblioteca no xardín ou o xardín na biblioteca?! En Nadal mesmo plantamos un acivro no noso xardín! Retomamos os clubs de lectura nas diferentes linguas da escola e todos os meses tivemos diferentes exposicións para mostrar os nosos fondos nos paneis de entrada da biblioteca: cómic, ciencia, libros lilas, libros verdes... E o noso instagram e a nosa escola ebulían de actividades: mercadillo solidario de libros en linguas estranxeiras, obradoiros de decoración con materiais reciclados... O noso alumnado é absolutamente o mellor do mundo e implícase moito nas actividades! Tamén fixemos proxectos en colaboración con outras EOI de Galicia, como o da celebración do día de Rosalía de Castro. E un megaproxecto de colaboración cos outros centros de ensino de Ribadeo, porque tecer redes é moi importante, e así embarcámonos co CEIP