Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

O SOTO DO ÓPTICO NO CURSO 20-21

Este curso está tocando ao seu fin..., foi un curso cheo de incertidumes, de medos, de distancias sociais e afectivas..., pero tamén de superación. O Soto do Óptico reabríu as súas portas no mes de Setembro coas novas medidas de seguridade, hixiene, cheo de xel hidroalcohólico e cos seus usuarios medio agochados detrás das máscaras... pero tamén cheo de lecturas marabillosas, películas estupendas e series entretenidas que nos axudaron a enchernos de esperanza e nos amosaron unha vez máis que a literatura é un dos tesouros máis fermosos que nos da a vida. Feliz remate de curso 20-21!! Vémonos o curso que ven no Soto do Óptico! Non faltes! Pasamos lista!!!