Bases Participantes e categorías . Pode presentarse calquera persoa alumna da EOI de Ribadeo de xeito individual, ainda que se admite a asistencia de quen o/a participante considere oportuno. Existen tres categorías por idioma: A, B e C, segundo o nivel de lingua que se posúa. O alumnado inscrito en varias linguas, pode presentar tantos traballos como linguas. Obra. O formato é aberto: p ódese presentar un relato, clip de vídeo, cómic ou calquera modalidade artística que se desexe. A lingua empregada pode ser a lingua obxecto de estudo ou a lingua galega , en calquera caso, pódese presentar o mesmo relato en ambas linguas. Non se aceptarán obras que fomenten a discriminación, violencia ou que sexan consideradas inapropiadas. Tema. A temática deberá xirar entorno á “Pantasma da Casa do Óptico” . Xurado. Haberá dous tipos de votacións: unha realizada polos departamentos das respectivas linguas baseándose nunha rúbrica de corrección, na que se terán en conta criterios como a or...