Concurso de Samaín 👻 🎃 💀
- Participantes e categorías. Pode presentarse calquera persoa alumna da EOI de Ribadeo de xeito individual, ainda que se admite a asistencia de quen o/a participante considere oportuno.
Existen tres categorías por idioma: A, B e C, segundo o nivel de lingua que se posúa.
O alumnado inscrito en varias linguas, pode presentar tantos traballos como linguas.
- Obra. O formato é aberto: pódese presentar un relato, clip de vídeo, cómic ou calquera modalidade artística que se desexe.
A lingua empregada pode ser a lingua obxecto de estudo ou a lingua galega, en calquera caso, pódese presentar o mesmo relato en ambas linguas.
Non se aceptarán obras que fomenten a discriminación, violencia ou que sexan consideradas inapropiadas.
- Tema. A temática deberá xirar entorno á “Pantasma da Casa do Óptico”.
- Xurado. Haberá dous tipos de votacións: unha realizada polos departamentos das respectivas linguas baseándose nunha rúbrica de corrección, na que se terán en conta criterios como a orixinalidade e a creatividade e outra, baseada nos votos obtidos en instagram, que en última instancia decantarán os posibles empates.
- Recepción. Xunto ao produto presentado, indicarase NOME, LINGUA e CATEGORÍA á que se presenta, sendo:
- A = Básico (cursos de nivel A1 e A2)
- B = Intermedio (cursos de nivel B1 e B2)
- C = Avanzado (cursos de nivel C1 e C2)
Os datos mais o arquivo ou ligazón ao produto presentado enviaranse ao correo: biblioteca.eoiribadeo@gmail.com indicando no asunto SAMAÍN.
- Prazo. O prazo de presentación de traballos remata o xoves 16 de novembro de 2023. A partir dese mesmo día, publicaranse de xeito anónimo os produtos presentados para a sua valoración. Este proceso permanecerá aberto ata o 26 de novembro.
- Fallo do xurado: Na derradeira semana de novembro comunicaranse as persoas gañadoras, especificando Nome, nivel e lingua pola que participa.
- Premio. Concederanse tres terroríficos 1ª premios por lingua, un por cada categoría, resultando premiado o mellor valorado polo profesorado e resto de alumnado. Se algunha categoria quedara deserta, o xurado resérvase o dereito de conceder algún 2º premio.
Os premios entregaranse de xeito persoal e presencial na aula, ao longo da derradeira semana de novembro.
A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases que supoñen a aceptación da publicación dos produtos resultantes no blog da biblioteca O soto do óptico, así como tamén a súa publicidade nas redes da escola.
Comentarios
Publicar un comentario