Publicacións

Algo novo está en marcha...permanecede atent@s (2023)

Imaxe
 

O SOTO DO ÓPTICO NO CURSO 2021/22

Imaxe
  Este curso estivemos traballando (e seguimos a traballar) nunha biblioteca máis verde. Baixo o lema "A miña biblioteca é un xardín" pretendimos integrar a biblioteca no xardín ou o xardín na biblioteca?! En Nadal mesmo plantamos un acivro no noso xardín! Retomamos os clubs de lectura nas diferentes linguas da escola e todos os meses tivemos diferentes exposicións para mostrar os nosos fondos nos paneis de entrada da biblioteca: cómic, ciencia, libros lilas, libros verdes... E o noso instagram e a nosa escola ebulían de actividades: mercadillo solidario de libros en linguas estranxeiras, obradoiros de decoración con materiais reciclados... O noso alumnado é absolutamente o mellor do mundo e implícase moito nas actividades! Tamén fixemos proxectos en colaboración con outras EOI de Galicia, como o da celebración do día de Rosalía de Castro. E un megaproxecto de colaboración cos outros centros de ensino de Ribadeo, porque tecer redes é moi importante, e así embarcámonos co CEIP...

O SOTO DO ÓPTICO NO CURSO 20-21

Este curso está tocando ao seu fin..., foi un curso cheo de incertidumes, de medos, de distancias sociais e afectivas..., pero tamén de superación. O Soto do Óptico reabríu as súas portas no mes de Setembro coas novas medidas de seguridade, hixiene, cheo de xel hidroalcohólico e cos seus usuarios medio agochados detrás das máscaras... pero tamén cheo de lecturas marabillosas, películas estupendas e series entretenidas que nos axudaron a enchernos de esperanza e nos amosaron unha vez máis que a literatura é un dos tesouros máis fermosos que nos da a vida. Feliz remate de curso 20-21!! Vémonos o curso que ven no Soto do Óptico! Non faltes! Pasamos lista!!!

CELEBREMOS XUNTOS O DÍA DO LIBRO

  Desde a EOI de Ribadeo, convídamoste a celebrar o Día do Libro na nosa biblioteca. O Soto do Óptico está cheo de tesouros marabillosos que están agardando por ti. Non perdas nin un minuto e bota unha ollada ás nosas guías de recursos. Tan so tes que escanear os códigos QR que aparecen nos posters. Disfrútaos!!